CRTVG

Buscar

As vítimas por violencia machista aumentan no conxunto de España por terceiro ano consecutivo

Publicado o 02/01/2020 08:32

55 mulleres morreron a mans das súas parellas ou ex-parellas durante 2019.

O número de asasinatos leva en aumento dende 2017, así que se confirma un repunte por terceiro ano consecutivo.

Ás 55 vítimas súmanse tres nenos, 34 dende que se incluíron os fillos no reconto oficial, no 2013.

A grande maioría das mulleres asasinadas non acudiron nunca a pedir axuda ás adminitracións.
Pero en 11 dos casos, si, e o sistema fallou.

Noticias web

02/01/2020