CRTVG

Buscar

O bebé dun mes ingresado por presunto maltrato sofre lesións cerebrais irreversibles

Publicado o 02/01/2020 08:35

Un bebé dun mes sofre lesións cerebrais irreversibles, presuntamente por malos tratos. O pequeno está ingresado no hospital Sant Joan de Deu de Barcelona e os seus pais foron detidos, aínda que non se decretou o seu ingreso na cadea. O pai levou o bebé a urxencias con convulsións e cambiou a versión do que sucedera. O equipo médico determinou que o cativo sufrira microinfartos cerebrais tras ser sacudido con violencia. Asuntos Sociais está a cargo do menor.

Noticias web

02/01/2020