CRTVG

Buscar

Mallan nun policía de Londres que realizaba unha detención

Publicado o 12/06/2020 08:09

Dous detidos pola brutal agresión a un policía en Londres cando se dispuña a deter un individuo. As imaxes do suceso deixan mostra da violencia deste ataque.

O agresor revólvese, tomba o axente e comeza a golpealo. De seguido, súmanse outras persoas, que suxeitan no chan a vítima e mesmo axudan cos golpes.

Nin sequera a intervención doutra axente os dá freado. No medio da pelexa, sorprende un mozo que baixa da bicicleta para se fotografar coa escena de fondo.

Noticias web

12/06/2020