CRTVG

Buscar

Cataluña vai incrementar as UCI dispoñibles, que agora mesmo xa están ao límite

Publicado o 01/04/2020 08:26

Ademais de Madrid, tamén Cataluña ten as unidades de coidados intensivos ao límite.

Actualmente hai 1.700 camas, e o 84 % están ocupadas por doentes con coronavirus, segundo explicou a conselleira de Sanidade. O seu obxectivo é seguir incrementando a capacidade de UCI con todo o dispoñible: quirófanos, unidades de reanimación ou liberando camas. De momento cren que poderán afrontalo sen ter que trasladar doentes a outras comunidades.

Noticias web

01/04/2020