CRTVG

Buscar

Colapsa a cúpula dun edificio no Retiro en Madrid sen causar feridos

Publicado o 23/05/2020 11:37


A cúpula dun edificio da rúa Alfonso XII de Madrid no barrio do Retiro colapsouse esta madrugada. A caída das pedras non causou feridos, pero si danos nos balcóns das vivendas superiores do inmoble afectado de oito andares e en varios vehículos estacionados na rúa. O edificio modernista está situado fronte a unha das entradas do parque do Retiro, que estes días aínda permanece pechado ao público.

Os bombeiros retiraron os cascallos que deixou a caída da bóveda do pináculo do edificio na rúa.

Noticias web

23/05/2020