CRTVG

Buscar

Boas actuacións dos galegos no Mundial de Vela de Australia en 49er e FX

Publicado o 11/02/2020 14:48

Dispútase en Australia o Mundial de Vela nas clases 49er e FX. En xogo está o billete olímpico para Toquio para algúns regatistas galegos.

En FX, Támara Echegoyen brillou nas tres primeiras regatas. Agora mesmo é terceira na xeral xunto a Paula Barceló.

A que tivo un comezo gris foi a viguesa Patri Suárez. Ocupa o posto 29 xunto con Nicole Van der Velden.

Mellor lle foi ao sonense Iago López Marra, que ocupa o sexto posto, xunto con Diego Botín. Botín e López Marra están a sete puntos das medallas ao remate da segunda xornada.

 

Noticias web

11/02/2020