CRTVG

Buscar

Salvamento Marítimo rescata 350 inmigrantes que cruzaban o Estreito en seis balsas

Publicado o 06/01/2019 12:57

Efectivos de Salvamento Marítimo rescataron esta noite 350 persoas que intentaban atravesar o Estreito en seis balsas. Estas imaxes corresponden ao traslado ata o porto de Almería dos 191 ocupantes de tres desas balsas, rescatados no mar de Alborán. Tamén durante esta noite, as 159 persoas que viaxaban nas outras tres balsas eran trasladados ao porto granadino de Motril. Ante a posible chegada de máis embarcacións, Salvamento Marítimo e a Garda Civil manteñen activo o operativo de busca na zona do Estreito.

Noticias web

06/01/2019