CRTVG

Buscar

Medios galegos e portugueses rescatan o corpo dunha muller no Miño

Publicado o 01/08/2019 09:04

Rescatan o cadáver dunha muller que afogou no Miño, en Salvaterra. Mergulladores portugueses e galegos traballaron de maneira conxunta na busca dun corpo do que nin sequera tiñan a certeza de que existise. O rescate complicouse porque a muller afogou nunha zona chega de algas. Na beira atopáronse varias pertenzas da vítima, de 47 anos e nacionalidade brasileira, o que facilitou a súa identificación.

Cunha chamada particular alertaban o 112 do avistamento dun corpo aboiando na auga que, segundo varias testemuñas, se trataría dunha muller afogada. 

Noticias web

01/08/2019