CRTVG

Buscar

Dous atropelos mortais con condutores fugados en Vilanova de Arousa e Agolada

Publicado o 18/11/2020 09:35

Dúas persoas faleceron nas últimas horas en Galicia vítimas de dous atropelos mortais, e nos dous casos os condutores se deron á fuga.

Un dos sinistros produciuse en Vilanova de Arousa á noitiña pasada. Foi fronte unha igrexa de onde acababa de saír unha muller, que paseaba con outra persoa. Un vehículo deportivo, segundo algunhas testemuñas de cor branca, levouna por diante varios metros, e despois fuxiu. O coche ía a gran velocidade, de forma temeraria.

No concello de Agolada outro atropelo acabou coa vida dun ciclista. Neste caso parece ser que foi un camión o que levou por diante o ciclista e, igualmente, o condutor marchou sen prestar auxilio.

 

Noticias web

18/11/2020