CRTVG

Buscar

As denuncias por violencia machista descenden no que vai de 2019

Publicado o 14/10/2019 12:59

Galicia ten unha das taxas de violencia de xénero máis baixas do Estado: a terceira máis baixa segundo os datos facilitados hoxe polo Consello Xeral do Poder Xudicial.

Segundo estes datos estatísticos, a taxa é de 11 vítimas de violencia machista por cada dez mil mulleres. E a media estatal é de 16 vítimas por cada dez mil. Os xulgados galegos recibiron, no segundo trimestre deste ano, 1.607 denuncias por violencia de xénero, un 6,8% menos que en 2018.

O informe rexistra tamén un lixeiro aumento das mulleres vítimas de violecia machista que se acollen ao seu dereito a non declarar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2019