CRTVG

Buscar

O mal estado do mar impide a busca do mariñeiro desaparecido do Marsua J.

Publicado o 29/02/2020 15:21

O mal estado da mar impediu que se reactivase a busca do mariñeiro desaparecido no naufraxio do Marsua J, o pesqueiro con base en Baiona que naufragou este luns ao oeste das illas Cíes.

A pesar da rápida localización do outro tripulante, José Manuel Freire Leyenda, de 41 anos, horas despois do naufraxio nunha zona moi próxima a onde afundiu a embarcación, os intentos por dar co patrón, Jorge Emilio Martín Costas, de 52 anos, foron ata o de agora infrutuosos. Se non mellora o estado do mar, o domingo tampouco será posible retomar a busca.

Noticias web

29/02/2020