CRTVG

Buscar

As comunidades autónomas poderán elixir entre ensino presencial ou a distancia

Publicado o 23/05/2020 22:13

O Boletín Oficial do Estado publica este sábado unha medida que afecta ao ensino. A partir do luns, as administracións educativas poden acordar retomar a actividade presencial nas etapas non universitarias.

Do mesmo xeito, teñen a opción de manter a modalidade "on line" ou a distancia aínda que non sexa a habitual dos centros. Ademais, autorízase a apertura das academias e das autoescolas cun terzo do alumnado.

Noticias web

23/05/2020