CRTVG

Buscar

Coa baixada dos cabalos comeza a rapa das bestas de Candaoso, en Viveiro

Publicado o 07/07/2019 15:26

Coa baixada dos cabalos comeza a rapa das bestas de Candaoso, en Viveiro, a primeira desde a aplicación da lei de benestar animal que neste caso elimina a loita de garañóns. “Uns douscentos cincuenta cabalos baixaron nesta ocasión ata o curro de Candaoso, en Viveiro. Xinetes expertos son os encargados de manexalos e cortarlles as crinas, uns traballos que sempre atraen a moitos curiosos”.

Hai cincuenta e un anos que comezou a facerse esta rapa de xeito colectivo en Candaoso, para sanear os cabalos con vistas ao verán. A festa está declarada de interese turístico galego e cada ano congrega máis visitantes. 
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/07/2019