CRTVG

Buscar

Clemente perde as primarias de C's de Castela e León tras detectarse votos de máis

Publicado o 11/03/2019 20:37

Francisco Igea candidato crítico coa dirección de Ciudadanos gañou as primarias en Castela e León para as eleccións autonómicas despois de que se revisara o resultado tras a denuncia de irregularidades. Inicialmente déranlle a vitoria a Silvia Clemente, candidata do aparato de Ciudadanos e ex-alto cargo do Partido Popular.

Francisco Igea será o candidato de Ciudadanos a presidir acomunidade de Castela e León. A Comisión de Garantías do partidodeulle a vitoria despois de que denunciara irregulariedades e serevisaran os votos emitidos pola militancia. 

José Manuel Villegas, secretario xeral de Ciudadanos: "Hai 82 votos que se declararon nulos porque o sistema non puido adxudicarllos a ningún emisor. Isto xa o detectara o sistema. Iso fala da robustez do sistema".

A revisión dos votos dálle a volta ao resultado das primarias que inicialmente lle dera a vitoria a Silvia Clemente. A candidatura como independente da que fora ex-alto cargo do Partido Popular estaba auspiciada pola dirección de Ciudadanos. A fichaxe de Clemente causou un fondo malestar nun amplo sector do partido laranxa en Castela e León e propiciou a candidatura alternativa dun sector crítico, liderado por Igea, que finalmente será o número un da lista. O secretario xeral de Ciudadanos non aclarou se trataran de integrar a Silvia Clemente noutro posto da candidatura ás eleccións autonómicas.

 

Noticias web

11/03/2019