CRTVG

Buscar

Clases para os nenos a través de aparellos de radio en Baralla

Publicado o 17/04/2020 15:05

Cada día as novas clases conLois. Ao outro lado dos fíos están os seus nove alumnos de terceiro de primaria do colexio de Baralla. Válense destes aparellos de radiofrecuencia para
programar tarefas, corrixir deberes e para charlar. Unha solución para salvar os problemas de conexión a Internet que teñen en moitas zonas do rural.

"Fixemos unha instalación para que o sinal puidese chegar as distintas casas. 18 quilómetros máis ou menos é a distancia máxima entre os nenos e con alturas por enriba dos 900 metros".

Para comunicarse empregan unha das canles de radioafeccionados que non se ve afectada pola orografía da zona. Os rapaces familiarizáronse enseguida cos aparellos e os seus códigos de comunicación. Cada un garda a súa quenda de intervención, e fai as súas consultas.

"Foi moi interesante a rapidez coa que se adaptaron; ademais, como os pais están colaborando bastante e están presentes con eles, simultaneamos as mensaxes coas radios portátiles".

Un método que se cría obsoleto e que agora pode servir de exemplo para outras zonas do rural.

Noticias web

17/04/2020