CRTVG

Buscar

O Centro Galicia de Bos Aires tamén se suma ás clases a distancia

Publicado o 19/06/2020 08:13

A educación a distancia colle forza en todo o mundo. América agora é o continente máis golpeado pola pandemia, e na Arxentina a cultura galega tamén se adapta aos novos tempos. Así reformula o Centro Galicia de Bos Aires as súas clases de música. 

Tres meses de confinamento non puideron co entusiasmo dos profesores do Centro Galicia de Bos Aires, que coa prolongación do illamento obrigatorio seguen a dar as súas clases, aínda que dun xeito moi diferente.

Esta é a nova rutina de Alberto López, profesor do Centro Galicia de Bos Aires dende hai oito anos e que agora brinda as súas clases en liña por primeira vez. "En certa forma, un o que tamén necesita en cualquera instrumento, en cualquera disciplina, é non perder a constancia, tanto para tocar unha pandeireta, como para tocar unha gaita ou como para tocar unha caixa".

Alberto e os seus 30 alumnos reinventáronse estas semanas, con clases de tan só 40 minutos que son moito máis intensas pero que non fan esquecer a anterior normalidade. "Todos queremos pronto volver á normalidade e poder estar xuntos", di o profesor.

Por agora, o Centro Galicia terá que esperar ata retomar as súas actividades.

Noticias web

19/06/2020