CRTVG

Buscar

Clases de baile galego en liña durante a corentena

Publicado o 23/03/2020 20:11

Antonio Prado, profesor de danza tradicional, decidiu que durante o confinamento na casa ía seguir facendo o mesmo de sempres: ensinar baile galego. A idea veulle cando viu que a xente da cultura empezou a mobilizarse nas redes tras anunciarse que tiñamos que quedar na casa

" Entón pensei como vincular a miña actividade profesional como docente de música e baile tradicional neste tempo que temos que estar na casa", di Antonio Prado.

Con esta iniciativa, pretende que cando poidamos saír da casa teñamos os primeiros coñecementos básicos de baile galego.

"Ensinarlle a bailar á xente que non ten ningunha base. É dicir, aproveitar estes días que temos qe estar na casa para poder dar as primeiras nocións de baile tradicional", di Antonio. 

Di que está sorprendido da aceptación que están a ter os seus vídeos.

"Si que me está sorprendendo que algún ten, pois, milleiros de visitas".

Polo de agora, Antonio ensina muiñeira e xota, xa que di que os agarrados neste momento non son moi recomendables.

Noticias web

23/03/2020