CRTVG

Buscar

Ciudadanos pide mellorar as condicións do emprego en Galicia

Publicado o 01/11/2019 15:10

En Ciudadanos están convencidos de obter bos resultados en Galicia e revalidar, cando menos, os dous escanos obtidos nas anteriores eleccións.

Nesta apertura de campaña, as candidatas da Coruña, Ourense e Pontevedra, sinalaron como obxectivos prioritarios a mellora na calidade do emprego e a chegada do AVE.

O candidato de Ciudadanos, Albert Rivera, participou nun acto en Málaga centrado na economía e na situación que atravesa Cataluña. Rivera reclamoulle a Pedro Sánchez que rompa os acordos cos independentistas.
 

Noticias web

01/11/2019