CRTVG

Buscar

Ciudadanos Galicia duplica o seu número de concelleiros, pasando de 16 a 35

Publicado o 27/05/2019 10:37

 

Desde Ciudadanos cren que a súa formación aínda non tocou teito en Galicia, como demostra o feito de que pasaran de 16 concelleiros en todo o territorio a 35.

Ciudadanos Galicia duplicou o número de concelleiros conseguidos nas eleccións municipais de 2015, aínda que non poderán ser determinantes para a formación de gobernos nas sete cidades galegas.

"Estamos a consolidarnos como unha opción dentro do panorama político galego e xa somos a quinta forza a nivel municipal; ademais, vimos de conseguir dúas deputadas nas eleccións xerais", apuntou o secretario xeral de Ciudadanos Galicia, Laureano Bermejo.

Ante estes resultados, Bermejo puxo a vista nas eleccións autonómicas de 2020, ás que Ciudadanos se presentará "moito máis consolidado, traballado e asentado" co obxectivo de facer unha "demostración de forza" e "arrebatarlle a maioría absoluta ao Partido Popular".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/05/2019