CRTVG

Buscar

Ciudadanos comprométese a elaborar un plan de rescate para os feirantes

Publicado o 26/06/2020 21:24

A candidata de Ciudadanos á presidencia da Xunta, Beatriz Pino, mantivo un encontro con representantes do sector de feirantes.

Beatriz Pino comprometeuse a elaborar un plan de rescate para o sector que, dixo, é un dos máis afectados pola parada da actividade derivada do coronavirus.

Pino insistiu en que é necesario que o colectivo poida volver á súa actividadade "con garantías" e destacou que moitos destes negocios son familiares. 

Noticias web

26/06/2020