CRTVG

Buscar

Cita tripla cos aplausos nas ventás e nos balcóns

Publicado o 28/03/2020 21:58

A de hoxe foi unha tarde de citas múltiples nas ventás e nos balcóns. Van quince días de corentena e aumentan as razóns para aplaudir. Os nenos foron os destinatarios das primeiras ovacións.

Corentena de parques, de diversión cos amigos, de primavera. Levan dúas semanas na casa, sen pisar a rúa e, malia todo, seguen rindo, xogando, aprendendo... As ventás volveron abrirse e os aplausos soaron de novo, desta volta polos nenos e as nenas, coma estas, do barrio coruñés do Novo Mesoiro.

En Narón, ademais dos aplausos soaron as sirenas dos bombeiros e da policía para agradecer a paciencia infinita dos nenos. Houbo música na rúa e baile nas casas e nos balcóns. Van catorce días de confinamento e a axenda de aplausos complícase. Ás oito da tarde Santiago de Compostela recoñeceu así o labor dos sanitarios.

E aínda quedaba unha convocatoria máis, esta con nome propio, o do propietarario de Inditex, que cumpriu 84 anos. Desde moitas casas quixeron felicitalo e agradecerlle a súa axuda na loita contra o coronavirus. Amancio Ortega recibiu as mostras de cariño desde a súa casa na Coruña.



 

Noticias web

28/03/2020