CRTVG

Buscar

Cita coa aviación en Rozas ata o domingo

Publicado o 26/07/2019 10:45

Os amantes da aeronáutica teñen estes días unha cita obrigada en Rozas. As acrobacias aéreas dos avións especializados e os saltos en paracaídas foron o prato forte das actividades dentro do Criterium Aeronáutico. A espectacularidade, non exenta de risco, das accións destes mestres do aire fixo as delicias do público asistente ao evento. Os visitantes que participaban por primeira vez amosábanse encantados coa experiencia de compartir voo cos especialistas.

No Criterium hai un espazo dedicado os drons. Ademais, os visitantes poden coñecer por dentro un helicóptero da policía e un pequeno avión de uso militar. Tamén hai simuladores de voo e exposición de avións antigos. En resumo, todo un abano de posibilidades para coñecer o mudo da aeronáutica.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/07/2019