CRTVG

Buscar

Circular pola AP-9 custa desde hoxe un 2,69% máis

Publicado o 01/01/2020 10:02

Encarécese o 2,69 por cento. É o triplo do que se incrementa a media española de autoestradas. Na práctica, circular entre Ferrol e Tui custará 22,12 euros. O percorrido A Coruña-Vigo custará 16,85 euros.

Se o traxecto de Vigo á Coruña custa hoxe 33 euros, mañá ese mesmo tramo incrementarase en máis dun euro. E se iso o multiplicamos polos días laborais dos condutores que precisan usar esta autoestrada, estamos a falar dunha cantidade importante de diñeiro.

Para os afectados, esta suba é incomprensible tendo en conta que a concesión desta autoestrada caducou hai seis anos e non entenden por que non pode ser xa de titularidade pública. O Goberno acaba de ampliar esta concesión ata o ano 2048 e a plataforma de afectados pola AP-9 xa solicitou este expediente para analizalo xuridicamente.

A partir do 1 de xaneiro, conducir por esta autoestrada AP-9 sairalles máis caro aos condutores. Na práctica, circular entre Ferrol e Tui custará 22,20 euros ida e outro tanto de volta. O percorrido A Coruña- Vigo custará 16,85 euros por traxecto, para un camión grande son 36.35 por cada traxecto.

Os condutores cualifícano de inxusto ao considerar que esta autoestrada xa está amortizada. Consideran esaxerado o seu prezo e piden a súa gratuidade.

Amais deste incremento, os afectados non entenden por que se amplia unha concesión vencida hai seis anos.

O tramo Vigo-A Coruña, de 180 quilómetros, supón para AUDASA unha recadación de 400.000 euros diarios. Autoestradas con máis do dobre de quilómetros ingresan só 165.000. Esta plataforma de afectados xa solicitou a fomento este novo expediente para coñecer os motivos desta nova concesión e a sua legalidade.

Noticias web

01/01/2020