Circula varios quilómetros en sentido contrario pola A-52 e provoca un accidente
Publicado o 06/10/2020 17:25
Un home circulou varios quilómetros en sentido contrario pola autovía das Rías Baixas e provocou un accidente. Segundo a Garda Civil de Tráfico, o condutor do turismo, de 78 anos, puido despistarse ou sufrir unha indisposición que o levou a desorientarse.
A colisión produciuse en Toén, no quilómetro 234 da A-52, ía cara ao Porriño polos carrís da autovía de dirección Benavente.
Os ocupantes de varios vehículos conseguírono esquivar ata que chocou con outro turismo. Por fortuna non houbo feridos graves.