CRTVG

Buscar

Circula en Carballo a 160 quilómetros por hora nun treito limitado a 50

Publicado o 17/06/2019 23:32
Circula en Carballo a 160 quilómetros por hora nun treito limitado a 50

Un condutor foi interceptado pola Garda Civil de Tráfico en Carballo a 160 quilómetros por hora nun treito limitado a 50. Foi na estrada que une Carballo con Portomouro, á altura deste paso de peóns.

O infractor é un carballés de 45 anos con antecedentes. Impútaselle un presunto delito contra a seguridade vial ao superar a velocidade permitida en máis dun 200%. Podería enfrontarse a unha pena de cárcere de tres a seis meses, unha multa e a retirada do carné de un a catro anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019