CRTVG

Buscar

Cinco evacuados en Moaña por unha intoxicación de monóxido de carbono

Publicado o 11/01/2020 13:02

Once persoas ceaban onte na casa familiar de Manuel Ríos Riobó cando algúns deles comezaron a sentirse mareados e a vomitar e decidiron achegarse ao centro de saúde. Desde o 112 alertaron aos bombeiros do Morrazo que malia a ventilación constataron que había restos de monóxido de carbono na vivenda.

Manuel Ríos foi atendido no Cunqueiro cos seus tres netos menores: de dez, oito, e cinco anos, mentres que o outro neto de dezanove foi derivado a POVISA.

Todos foron dados de alta contra ás oito da mañá, a tempo de celebrar as vodas de ouro da irmá de Manuel. Os bombeiros recomendan facer revisións periódicas dos sistemas de calefacción e quentadores de auga, e colocar detectores de monóxido nas vivendas para evitar sustos como este. Os técnicos aínda avaliarán que fallou onte para que esta familia resultase intoxicada.

Noticias web

11/01/2020