CRTVG

Buscar

Cinco persoas, entre elas o presunto agresor, morren nun tiroteo en Chicago

Publicado o 16/02/2019 15:17

Cinco persoas morreron tiroteadas nunha zona industrial a 60 quilómetros de Chicago, por un home que tamén foi abatido pola Policía. O presunto autor era traballador da fábrica en que cometeu o tiroteo. No interior da nave industrial había polo menos trinta persoas traballando cando o home comezou a disparar indiscriminadamente. Varios axentes quedaron feridos ao tratar de reducilo.

Noticias web

16/02/2019