CRTVG

Buscar

Cinco mortos nas estradas españolas na fin de semana

Publicado o 07/12/2020 08:40

Polo menos cinco persoas morreron e outras tantas quedaron feridas nos 5 accidentes mortais que se rexistraron esta fin de semana nas estradas españolas, un deles en Galicia.

Foi en Carballo, onde morreu un mozo de 21 anos. Fóiselle o coche da estrada na recta de Rus, chocou contra outro vehículo que estaba aparcado, despois impactou contra unha vivenda e acabou envorcando. A vítima tivo que ser liberada polos bombeiros.

Noticias web

07/12/2020