CRTVG

Buscar

Internos do CIE de Aluche amotínanse para pedir a liberdade

Publicado o 18/03/2020 07:46

Varios internos do Centro de Internamento de Estranxeiros da localidade madrileña de Aluche reclamaron este martes a súa posta en liberdade desde o tellado do edificio. Foron desaloxados pouco despois pola policía sen maiores consecuencias.

Nun primeiro momento, ao redor das 18:15 horas deste martes, un grupo de cinco persoas subiu ao tellado do campo de fútbol cuberto para proferir berros de "liberdade", segundo informaron a Efe fontes da Xefatura Superior de Policía.

Ata o lugar acudiron axentes da Unidade de Intervención Policial (UIP), os antidisturbios, que controlaron a situación sen incidentes nin fuxidos.

Unhas horas máis tarde, outro grupo máis amplo, de catorce internos, volveu subir á azotea para reclamar polos seus dereitos. "Non somos animais, somos persoas", sinalou un deles nun vídeo divulgado por redes sociais.

Ao redor das 22 horas acabaron os actos reivindicativos tras a mediación de membros da oficina do Defensor do Pobo.

Noticias web

18/03/2020