CRTVG

Buscar

Cinco detidos por compartir unha cachimba nun bar de Lugo

Publicado o 27/10/2020 11:24

Non gardaban a distancia de seguridade nin utilizaban en ningún momento a máscara. Ocorreu nun bar da rúa Concepción Arenal, que xa motivara queixas anteriores dos veciños polo suposto incumprimento das restricións ditadas por mor da pandemia. Os cinco mozos, que compartían a pipa e botaban o fume sen ter en conta que está prohibido, foron sancionados.

Esta foi só unha das intervencións que realizou a policía en Lugo nas últimas horas no marco dunha intensa xornada de inspeccións polos locais hostaleiros da cidade. Os axentes sancionaron ademais outros tres bares logo de comprobar que había clientes fumando no interior dos establecementos co consentemento, ademais, dos propios donos dos negocios.

Noticias web

27/10/2020