CRTVG

Buscar

Cinco autonomías solicitaron xa militares rastrexadores ao Goberno; Galicia pide máis información

Publicado o 28/08/2020 20:15
Cinco autonomías solicitaron xa militares rastrexadores ao Goberno; Galicia pide máis información

Castela e León, as Canarias, Murcia, Cantabria e Madrid son as cinco comunidades que se suman ás dúas ferramentas que o Goberno puxo á súa disposición para axudar no rastrexo de contaxios: os rastrexadores do exército e a aplicación móbil Radar covid.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou o pasado martes que ata 2.000 militares están listos para reforzar os efectivos autonómicos de rastrexo, e lembrou a utilidade da aplicación móbil.

Castela e León, Comunidade Valenciana, Murcia, Cantabria, Canarias e Madrid, ademais da cidade autónoma de Melilla xa manifestaron o seu desexo de contar con estes expertos das forzas armadas. A Xunta de Galicia solicitou máis información por carta polo seu interese en pedir estes recursos humanos para o rastrexo de casos. Os gobernos autonómicos terán que completar o formulario e remitilo á Secretaría de Estado de Sanidade, de recente creación, coa especificación da cota de rastrexadores militares que necesitarían.

Unha vez estudada a petición, unha primeira dotación acudiría ao territorio para avaliar a situación xunto cos responsables sanitarios da comunidade autónoma. Decidirán cantos destes expertos militares terán que ir e en que zona actuarán.

Noticias web

28/08/2020