CRTVG

Buscar

Cinco años nunha mesma camada en Padrón

Publicado o 06/05/2020 16:47

A cousa non era para menos: cinco años nun mesmo parto. Agora teñen unha semana e dá gusto mirar para eles. O normal é que as ovellas teñan unha ou dúas crías en cada parto, pero depende da raza.

O que si van precisar é algo de axuda para alimentarse, porque son moitas bocas a pedir.
Os partos múltiples adoitan ser resultado do cruzamento de dúas castes moi prolíficas. Pero que nazan cinco cordeiros e tan sans coma estes é, como din os propietarios, unha marabilla da natureza.

Noticias web

06/05/2020