CRTVG

Buscar

Cinco anos e sete meses de cárcere por roubar oito euros nunha vivenda

Publicado o 24/09/2020 21:13

Cinco anos e sete meses de cárcere por roubar só oito euros nunha vivenda. A Audiencia Provincial de Lugo ratificou esta condena do xulgado número 2 da cidade a un home que rompeu un cristal para entrar nesa casa e que logo foi sorprendido cando tentaba roubar noutro inmoble.

Os avogados explican que se trata dunha pena que pode parecer elevada en comparación con outras que se impoñen por roubos de maior contía, pero din que se debe a que o acusado era reincidente e tamén a outras causas que contempla o Código Penal.

Noticias web

24/09/2020