CRTVG

Buscar

Cinco anos de cadea por golpear cun martelo a súa compañeira de piso en Ferrol

Publicado o 30/01/2019 14:26

Cinco anos de cárcere para un veciño de Ferrol que golpeou cun martelo a súa compañeira de piso. Segundo a Audiencia Provincial da Coruña, é autor dun delito de homicidio en grao de tentativa. Na sentenza, que acaba de facer pública, considera acreditado que o imputado agrediu a vítima o 3 de abril de 2017, durante unha discusión, coa intención de acabar coa súa vida. Ademais, terá que indemnizala con 4.900 euros.

Noticias web

30/01/2019