CRTVG

Buscar

Ciclista grave ao bater contra un madeiro en medio da estrada en Tomiño

Publicado o 14/12/2019 15:01

Ferido de gravidade un ciclista tras caer esta mañá da súa bicicleta despois de bater contra un obstáculo tirado no medio da vía. A vítima é un veciño de Vigo duns 40 anos que no momento do accidente circulaba nun grupo de oito ciclistas pola PO-344, de Gondomar a Tomiño. Ao chegar á baixada cara a Tebra, chocou contra un pedazo de madeira tirado na vía e caeu sobre o asfalto. Recibiu un forte impacto na cabeza e o seu estado é moi grave.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/12/2019