CRTVG

Buscar

Chineses residentes en Galicia con familia preto de Wuhan amosan a súa preocupación

Publicado o 29/01/2020 13:55

A comunidade chinesa en Galicia non é allea á situación que se está a vivir coa epidemia do coronavirus no seu país de orixe. Os que están máis preocupados son os que teñen familia no centro da China, onde xurdiu a pneumonía de Wuhan.

"Está todo o mundo metido na casa e están asustados. Nesta época, na China adoita estar todo o mundo dun lado para outro, fóra da casa. O que pasa é que agora non saen da casa para non se infectaren", di Xu Weng, comerciante chinés.

Pola súa parte, aqueles con familiares lonxe da zona afectada pola pandemia din estar máis tranquilos.

"Hai medicina para os que estean graves. E na miña familia, e mais na miña cidade, está tranquilos todos", asegura Aiyan Zhan, comerciante chinesa.

Iso si, todos sinalan que os seus parentes na China toman precaucións para evitar contaxios. "Vivir, viven igual. Pero a maioría, que ademais é o que se aconsella, usan máscara de protección", di Mengyong 'Antonio' Zhou, empresario chinés.

En Galicia residen máis de 3.000 persoas procedentes do xigante asiático.

Noticias web

29/01/2020