CRTVG

Buscar

China eleva a 2242 os mortos polo coronavirus

Publicado o 23/02/2020 05:14
China eleva a 2242 os mortos polo coronavirus

  China eleva a 2.442 os mortos e a 76.936 os infectados polo coronavirus. 10.428 doentes continúan en estado grave. Nas últimas 24 horas faleceron 97 persoas, o que supón unha importante diminución no número de vítimas mortais con respecto a días pasados.
 Todos os falecidos vivían na provincia de Hubei, o foco do andazo, agás un , que faleceu en Cantón. A capital de Hubei, Wuhan, cumpre este domingo un mes en cuarentena.
   A Comisión Nacional de Saúde chinesa informou tamén que en Hong Kong os infectados son 69, con dous falecidos. En Taiwán hai 26 casos e un morto.