CRTVG

Buscar

Chegan as primeiras nevadas a Galicia, que obrigan a circular con precaución

Publicado o 02/10/2020 20:46

Nas últimas horas tamén chegaron as primeiras nevaradas a Galicia. En Ourense, estivo cortada varias horas a estrada autonómica 122, á altura de Casaio, case no límite coa provincia de León.

Arestora, pódese circular con precaución en ambos os dous sentidos. Tamén en Manzaneda caeron as primeiras folerpas da tempada, pero, polo momento, non callaron.

Noticias web

02/10/2020