CRTVG

Buscar

Chegan a Motril en bo estado os 48 migrantes rescatados en augas de Alborán

Publicado o 24/02/2019 12:23

As 48 persoas de orixe subsahariana, entre elas seis mulleres e varios menores de corta idade, rescatadas nunha patera nas proximidades da illa de Alborán, chegaron en bo estado de saúde ao porto granadino de Motril.
Os migrantes, que saíron de Tensaman (Marrocos), logo de ser atendidos por membros da Cruz Vermella, foron postos a disposición da Policía nacional no centro de atención inmediata no recinto portuario.
 

Noticias web

24/02/2019