CRTVG

Buscar

Chegan a Motril 49 migrantes interceptados no Mar de Alborán

Publicado o 02/03/2019 15:28

49 migrantes desembarcaron no porto de Motril tras seren interceptados nunha embarcación preto da illa de Alborán. No grupo, de orixe subsahariana, hai seis mulleres, dúas delas embarazadas, e, como mínimo, media ducia de menores. Todos chegaron ben. Partiran de Tensaman, en Marrocos. Logo de seren asistidos por membros da Cruz Vermella, pasaron a disposición da Policía Nacional no centro de atención inmediata do porto.

Noticias web

02/03/2019