CRTVG

Buscar

Chegan a Galicia as primeiras doses de Moderna

Publicado o 15/01/2021 17:29

Xa chegaron a Galicia esta semana as primeras doses da vacina de Moderna. De momento, só 1.800. Anunciouno a directora xeral de Saúde Pública no Parlamento.

Os bos datos de vacinación da covid-19 en Galicia teñen unha explicación directa nos profesionais que se dedican á campaña. Son 100 equipos, compostos cada un por dúas enfermeiras. Son voluntarias, pero os seus postos xa foron ocupados por substitutas para que non se resinta a atención sanitaria.

Esta semana comezarán a administrarse as primeiras vacinas de Moderna. A finais de mes é moi probable que cheguen as primeras doses das vacinas de AstraZeneca.

No Parlamento, os grupos da oposición recoñeceron o bo traballo nesta primeira fase da vacinación, pero pediron que a Xunta contrate máis persoal para os próximos meses. A directora xeral de Saúde Pública explicou que o Sergas podería poñer máis vacinas, pero depende do que lles envía o Ministerio.

 

Noticias web

15/01/2021