CRTVG

Buscar

Chega o programa 'Aquelando' á TVG, un espazo de divulgación científica para todos

Publicado o 07/06/2019 17:20

Falar de ciencia, desde un punto de vista divertido é o obxectivo de Aquelando, o novo programa de divulgación científica da Televisión de Galicia, que comeza a emitirse este mesmo sábado pola mañá. Un novo espazo dirixido a toda a familia, en que os espectadores poderán desmontar falsos mitos e mesmo aprender a facer os seus propios experimentos.

As tres leis de Newton serán o fío condutor da primeira emisión de Aquelando, o novo programa de divulgación científica da Televisión de Galicia. Un novo proxecto dirixido ao público familiar, que todos os sábados achegará a ciencia aos fogares galegos dunha forma lúdica e participativa.
Experimentos, análise de falsos mitos e experiencias na rúa e en colexios mestúranse con outros contidos de maior carga científica.

O programa, conducido polos divulgadores David Ballesteros e Manuel Vicente, conta tamén coa participación de destacados colaboradores. Entre eles o profesor experto en ciencia cidadá José Viñas, a escritora, blogueira e youtuber Deborah Ciencia, ou a directora técnica da Domus da Coruña, Patricia Barciela.O obxectivo, promover a cultura científica e tecnolóxica entre pequenos e maiores, e achegar a actividade investigadora a toda a sociedade. Unha tarefa que levará o equipo a experimentos tan arriscados como levantar un coche cun guindastre empregando unhas simples guías telefónicas.


 

Noticias web

07/06/2019