CRTVG

Buscar

Malta, Bérgamo e Londres: chegan a Galicia os primeiros voos internacionais

Publicado o 02/07/2020 08:30

Todas as miradas están postas agora nos aeroportos. O control das entradas será clave para evitar a propagación da pandemia. España decidirá hoxe cando e como vai abrir os aeroportos aos viaxeiros de terceiros países. Aquí a Galicia, esta tarde chega o primeiro voo do Reino Unido. 

En Santiago de Compostela permítese entrar a recibir os viaxeiros, algo que non ocorre noutros aeroportos. E así volvemos ver as habituais escenas de reencontro familiar. Pero nada é como antes. Todos levan máscara e as medidas de seguridade multiplícanse.

Este mércores chegaron a Compostela dous voos de Malta e Bérgamo. Esta tarde aterra un avión de Londres, o primeiro voo de fóra da zona Schengen. E este venres recibiremos un avión procedente de Basilea.

 

 

Noticias web

02/07/2020