CRTVG

Buscar

Chefs europeos visitan Fisterra Bovine World na procura da mellor carne

Publicado o 25/11/2019 15:58

Dentro de dous meses saberemos cal destas 13 razas de vacas dá a mellor carne do mundo. O experimento do Fisterra Bovine World chega á súa fin e os mellores carniceiros de Europa quixeron visitar Ames antes de que a carne chegue ao asador.

Con esta competición tamén comprobarán se a crianza tradicional galega, a base de pasto e millo, pode mellorar razas foráneas como as escocesas highland e galloway ou a xaponesa wagyu.

Os expertos xa comezaron a facer apostas. E a rubia galega está entre as favoritas.

Tamén a cachena e a limiá está a dar que falar nesta singular competición polo trono mundial da carne.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/11/2019