CRTVG

Buscar

Chaves négase a declarar no Parlamento na comisión que o investiga sobre os fondos para o emprego

Publicado o 07/11/2019 15:22

Nada máis chegar, Manuel Chaves dixo que non ía declarar nin responder as preguntas dos deputados por convocarse a comisión tres días antes das eleccións. E decidiu marchar, entre os reproches do presidente da comisión.

O ex-presidente José Antonio Griñán nin sequera acudiu á hora en que estaba convocado, di que non recibiu a citación, un argumento que tamén usa Susana Díaz para non comparecer esta tarde. Tampouco irá María Jesús Montero, ex-conselleira e actual ministra, que alega que non ten a obriga de asistir a comisións autonómicas. Nesta, investíganse as irregularidades detectadas na fundación pública Faffe. Segundo a Garda Civil, pagáronse coas súas tarxetas 32.000 euros por festas en prostíbulos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019