CRTVG

Buscar

Chaves abandona a comisión de investigación sobre os fondos de formación andaluces

Publicado o 07/11/2019 20:18

Manuel Chaves comparecía ante a comisión do Parlamento andaluz que investiga os gastos sen xustificar da Fundación Andaluza Fondo de Formación e Emprego. Pero só o fixo para criticar o que considera unha manipulación e instrumentalización electoral da súa citación.

Manuel Chaves, ex-presidente da Junta de Andalucía, dixo que "cando fun citado 72 horas antes da data electoral, máis que vir a unha comisión de investigación, creo que estou asistindo a un acto de campaña electoral convocado por determinados partidos".

Chaves acolleuse ao seu dereito a non declarar. Pero o presidente da comisión decidiu que os grupos fixesen igualmente as preguntas. O ex-presidente andaluz decidiu entón marchar.

Enrique Moreno, presidente da Comisión de Investigación FAFFE, dixo que "o señor Chaves pediu respecto, pero eu creo que non respectou os andaluces, esta cámara".

Vox vai denunciar a Chaves por un presunto delito de desobediencia. Tampouco acudiron á comisión os ex-presidentes Susana Díaz e José Antonio Griñán: alegaron que non recibiran as citacións. Tampouco foi a ministra de Facenda en funcións María Jesús Montero: argumenta que un informe xurídico exime os membros do Goberno de comparecer ante parlamentos autonómicos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019