CRTVG

Buscar

Chalecos amarelos e sindicatos franceses esíxenlle a Macron a retirada da reforma das pensións

Publicado o 28/12/2019 20:42

Francia sae á rúa polas pensións. Chalecos amarelos e sindicatos contra Macron
Os sindicatos e os chalecos amarelos volveron saír este sábado para esixir a retirada da reforma das pensións. Sumáronse á folga dos traballadores ferroviarios e do transporte metropolitano de París, que levan xa 24 días. Non atenderon á petición do presidente, Emmanuel Macron, que reclamou que cesasen as protestas durante as festas para que a cidadanía puidese desprazarse. Milleiros de persoas convocadas por diferentes sindicatos quixeron manterse na rúa para esixirlle ao goberno que modifique as súas políticas sociais e para amosar a súa forza antes dunha nova rolda de negociacións, o próximo día 7.

Noticias web

28/12/2019