CRTVG

Buscar

Cervera ve un Lugo "máis fiable" nas últimas xornadas

Publicado o 04/03/2020 21:13

O venres o Lugo recibe o líder da categoría: o Cádiz. Os de Curro Torres levan tres partidos sen recibir un gol, pero teñen unha materia pendente: facer que os dianteiros recuperen o gol. No que vai de segunda volta, só levan un tanto Herrera e outro Carrillo. O adestrador do Cádiz ve mellor o Lugo desde que chegou Curro Torres: "Dos últimos partidos, gañou dous de tres e empatou o outro, paréceme un equipo máis fiable, esa é a palabra, máis fiable na casa. Como é Curro Torres como adestrador, a quen lle gusta o bo trato de balón, saída de tres, o xogo por dentro... perigoso. A nós estes equipos sempre nos parecen perigosos", di Álvaro Cervera.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/03/2020