CRTVG

Buscar

Cerponzóns polo mundo, un grupo de WhatsApp quere unir os veciños desta parroquia de Pontevedra

Publicado o 11/06/2019 14:51

Mil anos de historia. Oitocentos habitantes. Así é esta parroquia a Pontevedra pegada, San Vicente de Cerponzóns. Foi neste 2019 cando Cerponzóns fixo oficialmente eses 1.000 anos. E compartindo o pasado polo móbil están a mirar sobre todo para o futuro. Porque oficialmente serán 800 veciños, pero virtualmente son e queren ser moitos máis. Por iso crearon un grupo de WhatsApp internacional: Cerponzóns polo mundo.

E ao grupo vanse sumando descoñecidos con raíces na parroquia.

"Temos de Australia, A Arxentina, Francia, Madrid, Mallorca... Buscamos sempre os que están fóra de Galicia e engadímolos ao grupo".

Levan poucos meses co grupo de WhatsApp, pero xa recibiron visitas físicas.

"Cando veñen emociónanse por coñecer a terra dos seus ancepasados".

A idea é contactar con eses descendentes dos que tiveron que emigrar. E recibiron sorpresas. Como a de Lidia e Marisa, dúas arxentinas que chegaron á parroquia por separado porque non se coñecían.

"E estamos convencidos de que son parentes".

Mentres agardan ilusionados polo Corpus, queren cambiar aquel "Adiós ríos, adiós fontes" por "ola ríos, ola fontes".

Noticias web

11/06/2019