CRTVG

Buscar

Centos de xubilados maniféstanse en Santiago por unhas pensións dignas

Publicado o 16/12/2019 14:59

Tamén en Galicia houbo mobilizacións, como a convocada polo Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas.

Centos de xubilados, procedentes de distintos puntos de Galicia, concentráronse en Santiago para reclamar pensións de polo menos 900 euros, e para pedirlle á Xunta outras medidas económicas e sociais como a fin do copagamento farmacéutico.

As plataformas convocantes lembraron que as pensións galegas están entre as máis baixas de España.

A mobilización rematou ante a sede do Parlamento galego, onde os manifestantes entregaron o documento que recolle as súas demandas.

Noticias web

16/12/2019